Canto de espadelar o liño e xota
Este é o tempo de tróupele tróupele
este é o tempo de troupelear.
Este é o tempo de mazar o liño
este é o tempo do liño mazar.
Fun á cas da tecelana
por deprender a tecer,
sube, baixa, mete e saca,
nunca puiden aprender.
--------------------------------------
Hei de plantar un piñeiro
no alto do teu tellado
cando o piñeiro dea piñas
hei de andar ao teu mandado.
Antes de pasar o río
díxenche que si, que si,
do regueiriño pra baixo
quedeime rindo de ti.
Debaixo dun limoeiro
púxenme a considerar
o pouco que vale un home
cando xa non ten que dar.
O liño queda na poza
e a bagaña no palleiro
e agora, miña neniña,
tocaremos o pandeiro.
Voume por aquí abaixo,
voume por aquí arriba,
fiando na miña roca
gobernando a miña vida.
Chamáchesme ti churriña
porque pensas que es un polo
anque eu fora unha galiña
inda non me pican todos.
Eu ben vin estar o cuco
na rabela do arado
as mulleres entres os homes
son gado mal reparado.
Heime de casar cun vello
heime de fartar de rire
heille de facer a cama
onde non poida subire.