top of page
Canto de Romería
Cando lles pican as costureiriñas
As condanadas das pulgas no vrao
Fan que remenxen na faltriqueiriña
E o demo saben onde meten a mao
E o demo saben onde meten a mao
Esto que vos digo eu ben volo vin
Volvendo na feira de Porto Marín
Con outras cousiñas que vos contarei
Si son certo nenas eu non volo sei
E Ana Marica quedouse soliña
Porque o seu home pra Cuba marchou
E tal disgusto colleu a rapaza
Que gravemente a coitada enfermou
E solo queria a fose a coidar
Un primo que tiña no mesmo lugar
E despois dicia cando xa sanou
Gracias as freghiñas que Manuel me dou
bottom of page