top of page

   Ven bailar, Carmiña

 

 

Os zapatos piden medias,

as medias piden zapatos,

as rapaciñas bonitas

piden rapaciños guapos.

 

 

Ven bailar, Carmiña,

Carmiña, Carmela,

con zapato baixo

e media de seda.

e media de seda

e media calada,

ven bailar, Carmiña,

miña namorada.

 

 

Non quero zapato baixo

Que se me enterra na area

Non quero amores de lonxe

Que os teño na miña aldea

 

Retrouso

 

Ó son da miña gaitiña

as nenas hei de levare,

e as tontiñas sonche elas

que se deixan enganare.

 

 

Retrouso

 

Aí che vai meu corazón,

se o queres matar ben podes,

pero como ti vas dentro

tamén se o matas morres.

 

Retrouso

 

 

Catro cosas hai no mundo

que revolven os sentidos:

amar e non ser amado,

querer e non ser querido.

 

bottom of page